O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou este luns que as 139 bandeiras e distintivos azuis que recibe este ano Galicia acreditan o compromiso da comunidade coa conservación do patrimonio natural e consolídana como un referente do turismo seguro e sustentable. Durante a entrega dos distintivos deste ano, celebrada no concello de Arteixo, Rueda subliñou que Galicia “é a terceira comunidade con máis bandeiras azuis” e lembrou que “unha de cada cinco praias” con este distintivo en España é galega. Galicia terá este verán 53 quilómetros de areais con bandeira azul, distintivo que tamén lucirán 12 portos deportivos e 14 centros de visitantes.

O alcalde da Laracha, en funcións, José Manuel López Varela, e os concelleiros José Ramón Martínez Barbeito e Patricia Bello, recibiron de mans do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a Bandeira Azul que onderá na praia de Caión no verán e tamén o recoñecemento como Centro Azul de educación ambiental ao Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar.

O alcalde de Laxe en funcións, José Luis Pérez Añón, tamén acudiu ao acto de entrega destes galardóns, onde recibiu a bandeira azul que ondeará a praia de Laxe de mans do presidente da Xunta, Alfonso Rueda.