Alfonso Rueda está hoxe en Carballo, Ethel Vázquez en A Piolla e Jesús Vázquez en Coristanco

1 minutes read

Continua o desembarco de altos cargos na Costa da Morte, hoxe venres o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do presidente da Deputación provincial, Valentín González Formoso, visitará ás 11:00 horas a sede central do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña e parque de bombeiros do municipio, no Polígono industrial de Bértoa.

Por outra banda, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informará ás 12:00 horas sobre o proxecto de prolongación da Vía de altas prestacións da Costa da Morte, no Centro de Conservación e Explotación da Piolla.

Ademáis, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitará o centro de saúde de Coristanco ao mediodía.