Alfonso Rueda exerceu como delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo

0 minutes read

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, exerceu como delegado rexio na tradicional Ofrenda ao Apóstolo con motivo da festividade de Santiago. A Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago foi instituida en 1643 por Felipe IV e, ao longo dos anos, mantívose a tradición de que reis, xefes de Estado ou personalidades coas máis altas responsabilidades rendan homenaxe ao Patrón das Españas para pedir a súa intercesión en asuntos de actualidade ou de preocupación colectiva. O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, foi o encargado de presidir a celebración