Alfonso Rueda participou no 50 aniversario da Irmandade Galega na Suíza

2 minutes read
  • O presidente puxo en valor a contribución das entidades galegas no exterior na difusión da lingua e cultura da comunidade.

Durante o acto, no que estivo acompañado polo secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e que contou con gastronomía galega e actuacións musicais como as de Xabier Díaz, Rueda gabou o “apoio crucial” que supoñen estes centros para os emigrantes.  Neste senso, apuntou que a Galicia da que moitos galegos e galegas saíron nos anos 60 ou 70 do pasado século na procura dun futuro mellor para eles e as súas familias é, na actualidade, unha “terra de oportunidades” e “un lugar atractivo para vivir, traballar ou investir”. Consecuentemente, o presidente autonómico comprometeu o apoio da Xunta a iniciativas que levan a cabo entidades como esta irmandade e tamén a todos aqueles galegos e galegas que elixen quedarse no exterior, e do mesmo xeito aos que deciden regresar á súa terra. Neste senso, lembrou que a Estratexia Galega Retorna 2023-2026 inclúe medidas a nivel laboral, educativo ou económico para facilitar a volta á comunidade.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?