Alfonso Rueda recolleu en Málaga o Premio de Turismo que o diario La Razón otorgou ao Xacobeo

0 minutes read

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu na noite deste mércores á entrega dos Premios de Turismo La Razón, un acto no que o responsable de Turismo da Xunta recolleu o galardón co que se recoñece o traballo do Goberno galego na organización do Xacobeo. Rueda agradeceu un recoñecemento que, segundo dixo, “é un aval ao traballo feito desde a Xunta en beneficio de todos os galegos”. O vicepresidente primeiro animou a participar na experiencia “única” do Xacobeo e a “camiñar a Galicia”, un destino seguro e preparado para recibir visitantes coincidindo coa reactivación do sector turístico.