Acompañado polo presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo, e ante unha audiencia de máis de 4.000 persoas, en Santiago de Compostela. Rueda salientou que os candidatos populares son “libres para mirar aos ollos da xente” en contraposición a “outros que van ocultar as súas siglas e esconder os pactos que farán se non gañan en votos”.
Neste sentido remarcou que “os candidatos do PPdeG son candidatos libres, sen hipotecas e só dedicados a traballar polos seus veciños” e engadiu: “Pedirémoslle aos galegos a súa confianza mirándolles aos ollos, dicíndolles que imos traballar e que non temos máis que ofrecer que ilusión, compromiso e traballo”.
O líder dos populares galegos remarcou a necesidade de conseguir “maiorías absolutas para evitar gobernos de perdedores” porque “xa se sabe o que son os bipartitos, o que son os incumprimentos cando un ten outras prioridades que non son as dos seus veciños, o que son as divisións, as contradicións e as imposicións ideolóxicas”.
Agradecendo aos 313 candidatos a súa “valentía”, o líder dos populares galegos pediulle aos seus ilusión, sentidiño, obxectividade, respecto e non caer nos sectarismos. “Temos os mellores candidatos e polo tanto están obrigados a ofrecer os mellores gobernos”, concluíu.