Alfonso Rueda reunirase en outubro cos alcaldes das sete cidades

1 minutes read

O presidente da Xunta Alfonso Rueda enviou unha serie de cartas aos alcaldes das sete cidades de Galicia para convocalos a cada un a unha reunión como primeiro encontro oficial desde que accedeu á presidencia do Executivo galego o pasado mes de maio. A pasada semana, o presidente galego anunciou que os convocaría de forma inminente co obxectivo de abordar as cuestións estratéxicas que afectan a cada urbe tal e como xa lle solicitaron varios deles. Como novidade e, a diferenza do que facía o seu predecesor no cargo -Alberto Núñez Feijóo-, será Alfonso Rueda quen se desprace ás respectivas cidades para reunirse cos rexedores en lugar de que eles se dirixan á sede administrativa da Xunta en San Caetano.