Alfonso Villares respaldou en Cabana ao sector do marisqueo

1 minutes read

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou este mércores acompañado polo alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muiño, ás integrantes da Agrupación de Mariscadoras Río Anllóns dentro da rolda de contactos que está a realizar con representantes do sector marítimo-pesqueiro e os concellos. O obxectivo é tanto coñecer as demandas e necesidades destas profesionais do mar galegas como avaliar a situación provocada pola chegada dos pellets da vertedura provocada polo buque Toconao en augas portuguesas.

O rexedor, José Muíño, agradeceu a visita do conselleiro do Mar “para apoiar a posta en valor da riqueza do estuario do Anllóns, atendendo tanto á diversidade e categoría dos seus produtos como á fantástica actividade que realizan os profesionais deste sector”.

Alfonso Villares comprometeu todo o apoio da Xunta de Galicia ao sector da pesca e marisqueo co fin de contribuír a incrementar a súa produtividade, destacando a profesionalidade e as boas prácticas que, neste eido, levan a cabo desde o colectivo de mariscadoras que preside Inés García. O ano pasado as 24 mulleres e 6 homes que integran a agrupación chegaron a unha cifra inédita de venda na súa historia que lles permitiu elevar a facturación e acadar un prezo medio tamén de récord. Unha situación que contrasta coa crise marisqueira do último treito do ano en moitas áreas do resto de Galicia que convén analizar para atopar os feitos diferenciais e buscar replicar as fórmulas de traballo que tamén contribúen a esta evolución positiva.   

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?