Alfredo Cañizo transmite unha mensaxe de optimismo para todos os veciños e veciñas de Malpica

1 minutes read

O concelleiro de Turismo, Seguridade, Tráfico, Servizos e Agro do Concello de Malpica, Alfredo Cañizo Garrido, elaborou unha mensaxe nun vídeo que difundiu polas redes sociais coa finalidade de poñerse en contacto coa cidadanía de Malpica, exercendo de portavoz do Goberno municipal dende o seu confinamento na casa. Cañizo agradeceu a «labor desinteresada dos traballadores/as do Concello, dos seus compañeiros de corporación, así como o comportamento cívico de todo o pobo de Malpica» durante o tempo que levamos de confinamento polo Covid-19. Alfredo Cañizo comprometeuse a «seguir repartindo material de protección» e tamén se congratulou de que en este momento non haxa ninguén no termo municipal ingresado no hospital por coronavirus, o que achacou ao «gran esforzo colectivo de todo o vecindario de Malpica». Cañizo animou á cidadanía a «seguir loitando todos xuntos con optimismo contra este virus que está acabando con tanta xente».