Almuiña reúnese cos alcaldes da comarca para avaliar a evolución da covid-19

Foto.- Xoán Crespo.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, mantivo a primeira das reunións acordadas co conxunto de alcaldes da comarca da Coruña para avaliar a evolución da crise sanitaria provocada pola covid-19 na comarca coruñesa.

Na primeira das xuntanzas -telemáticas- que se desenvolverán diariamente durante as vindeiras datas, o conselleiro destacou a importancia que posúe acadar unha boa coordinación entre todas as institucións para conseguir unha detección e diagnóstico precoz de posibles novos contaxios e frear así a expansión do virus.

Neste sentido, Almuiña convidou aos alcaldes da Coruña, Arteixo, Culleredo, Oleiros, Cambre, Bergondo, Carral, Abegondo e Sada, a trasladar aquelas propostas de tipo específico que sexan susceptibles de implementarse en cadanseu municipio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha