0
Un descarrilamento dun tren en Alemaña deixa polo menos catro mortos. Hai tamén 30 feridos, 15 deles en estado grave. O accidente aconteceu no sur do país, na Alta Baviera, e polo momento descoñécense as causas polas que varios vagóns caeron por un noiro. A liña ferroviaria foi cortada e as estradas federais próximas tamén foron pechadas.