Alta actividade na feira dominical de Paiosaco


A feira dominical de Paiosaco comeza a parecerse moito xa ao que sempre foi cada primeiro e terceiro domingo de cada mes antes da pandemia que nos tocou vivir por culpa da covid. Este domingo o tempo axudou e non chovía con intensidade como o día anterior, polo que gran cantidade de xente achegouse á vila larachesa desde primeira hora da mañá, onde os vendedores e feirantes ocupaban perfectamente graduados practicamente todos os postos completos. Xa comezan a chegar as primeiras cereixas, iso si, de momento, a algo máis de 10 euros o quilo, pero ademais moitos produtos do campo de tempada deron de novo esa variedade e vistosidade que nunca debimos perder.