Na estación de Ourense, dende as once e media da noite deste mércores, recollense os viaxeiros que cheguen desde Ferrol, Lugo A Coruña ou Santiago con destino Madrid, e serán transportados en autobús ata a estación de Zamora. Alí volverán coller o tren ata o seu destino. Os viaxeiros que veñan desde Madrid farán o percorrido á inversa: baixarán en Zamora e chegarán a Ourense en bus.
As obras nas vías do AVE realízanse nalgún punto entre ambas estacións , polo que tamén se verá afectada a liña entre Vigo e Madrid. Os pasaxeiros, neste caso, viaxarán en bus desde Vigo ata Zamora. E será así, en principio, segundo anuncia RENFE, ata o dia 24 de maio.