Alternativa dos Veciños non se presentará ás autonómicas

Cedida.

O líder de Alternativa dos Veciños e alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane vén de anunciar este luns que o seu partido non concurrirá ás eleccións autonómicas do 5 de abril.

Segundo García Seoane e en base a unha análise interna, a súa formación podería acadar o número de votos precisos para facerse cun deputado pero ao non chegar ao 5% mínimo requerido non entraría no Pazo do Hórreo.

O alcalde de Oleiros afirmou que a situación política é «esperpéntica» e considerou que «coma se fora unha máquina de churros aparecen líderes por todos lados que non representan a ninguén».

O líder do partido amarelo cargou contra o secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, recentemente postulado para encabezar a listaxe da formación nas vindeiras autonómicas. García Seoane afirmou que «hai catro anos non o coñecía ninguén, acumula unha morea de cargos en Madrid e aspira a ser presidente da Xunta».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha