Alto risco en Porto do Son por un incendio forestal incontrolado

0 minutes read
  • Foi solicitada a intervención da Unidade Militar de Emerxencias e protección Civil recomenda abandonar as casas ante o perigo.

Varios focos permanecen activos na zona entre Noia e Portosín, preto do lugar de Mótega.  O lume declarouse ás seis da mañá deste xoves na parroquia de Miñortos. Polo momento segue sen control e na última información actualizada da Consellería de Medio Rural xa leva queimadas 68 hectáreas. O lume chegou até as inmediacións dunha nave industrial en Portosín, onde había un coche que estaba medio abandonado, que resultou calcinado.