Alumnado de 2º de Primaria do CEIP San Vicenzo visitou a Casa do Concello de Vimianzo


A rapazada de 2º de Educación Primaria do CEIP San Vicenzo visitou este venres a Casa do Concello de Vimianzo para coñecer o funcionamento e estrutura deste organismo. Participaron tamén nun Pleno, onde cada alumna e alumno lle entregou á alcaldesa, Mónica Rodríguez, unha carta coas súas peticións para mellorar o municipio, e interviron na propia sesión a través da quenda de ‘rogos e preguntas’. Desde o Concello, agradeceron tanto á rapazada como á súa profesora, Mónica Maroño, o tempo adicado a esta visita, e agardan que as crianzas gozasen con esta iniciativa. Pola parte institucional, todas as peticións foron lidas e serán atendidas.