Alumnado de cociña do obradoiro Fórum Dual ofreceu un almorzo saudable en Afaber

1 minutes read

O alumnado de cociña do obradoiro Fórum Dual de Carballo continúa coa súa formación práctica en diferentes ámbitos, e dentro do amplo programa de actividades que están a desenvolver, hoxe desprazáronse ata a sede de Afaber, en Bértoa, para ofrecer un almorzo saudable aos usuarios e usuarias da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños. O bufete, que incluíu pratos doces e salgados e tamén froita, foi moi ben acollido e mellor valorado.

O obradoiro de emprego tamén está a colaborar coa Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) coa elaboración de dous menús semanais (luns e mércores) para cinco usuarios e usuarias da entidade que non teñen acceso a outro tipo de servizos como Xantar na Casa.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?