Con motivo do Día das Letras Galegas, o Concello de Vimianzo promove unha programación especial para o martes 16 de maio coa actuación de ‘Cantares das letras’, de Luis Vallecillo.
Este espectáculo, destinado ao alumnado dos centros educativos do municipio, terá lugar no Auditorio de Vimianzo ás 10:30 horas.
Xogos, bailes ou teatro mestúranse para recrear un percorrido a través da historia das letras lembrando a autores como Carlos Casares, Rosalía de Castro, Manuel María ou Carvalho Calero.
Por outra banda, a biblioteca municipal acolle unha exposición sobre Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas. A mostra poderase ver de luns a venres, de 9:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20: horas, e os sábados de 9:30 a 13 horas.