Alumnado do CEIP Bergantiños de Carballo participou nunha xornada de educación viaria

Cedida.

Os escolares recibiron a visita do Club Ciclista Carballo e da Policía Local para abordar unha materia de gran interese para peques e maiores: a seguridade viaria.

Os tres grupos de primeiro curso de primaria participaron en varias actividades, ás que se sumou tamén o concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane. Os axentes da Policía Local e o persoal do Club Ciclista Carballo ofreceron aos nenos as claves para circular con seguridade, tanto a pé coma en bicicleta, e despois tiveron a ocasión de levar á práctica as ensinanzas nun circuíto de seguridade viaria.

A iniciativa tivo moi boa acollida tanto entre o alumnado coma entre o profesorado. Tanto os centros educativos coma as asociacións ou os consellos parroquiais interesados poden enviar a solicitude para unha actividade de seguridade viaria ao enderezo electrónico comunicacion@carballo.gal, e organizaranlle unha xornada adaptada ao público ao que vaia destinada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha