O alumnado do CEIP San Vicenzo de Vimianzo encheu de cor as cristaleiras do comercio local con debuxos inspirados na Costa da Morte.
Tratouse dunha iniciativa do VIMINDIE, Festival de Autoedición e Cultura Independente da Costa da Morte, que une educación, expresión artística e comercio local, achegando a cultura ás rúas de Vimianzo.
O Concello de Vimianzo agradece a Raquel Gerpe, ao CEIP San Vicenzo, á rapazada e aos establecementos participantes por sumarse a esta proposta e abrir as súas cristaleiras á arte.
E fan unha chamada a súa visita, «vén pasear por Vimianzo, percorre os seus comercios e descubre os escaparates ilustrados pola rapazada!. Unha invitación a gozar da arte nas nosas rúas e a apoiar o comercio local, conclúen.
