Alumnado do ciclo superior do IES de Baio clausurou o programa ‘Almorzos Saudables’

1 minutes read

Coa participación do alumnado do ciclo superior do IES Maximino Romero de Lema de Baio rematou o programa “Almorzos Saudables”.  Unha vez máis resultou unha actividade moi enriquecedora, lembrando en primeiro lugar a importancia de facer diariamente un bo almorzo e degustando a continuación produtos frescos, saudables e de orixe galega.

Destacou o agradable e distendido ambiente no que se desenvolveu a actividade de clausura,  así como a colaboración manifestada polo alumnado, que se levantou voluntariamente a axudar a recoller e agradeceu esta iniciativa.

“Esperamos que con este programa contribuamos ao fomento dunha alimentación saudable e á concienciación polo consumo de produtos locais”, afirman dende o centro.

“Debido á boa acollida que unha vez máis tivo esta iniciativa, repetirémola para o próximo curso 2023-2024”, conclúen.