- O músico ofrecerá un concerto na área recreativa da Rocheira ás 11.00 horas
Este xoves os nenos e nenas do CRA A Tarandeira de Coristanco desfrutarán do espectáculo Rockeamos todas con Pakolas, de Paco Cerdeira. Será ás 11.00 horas na área recreativa da Rocheira.
‘Pakolas, rockeiro e guitarreiro’ é o nome co que Paco Cerdeira se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria. O artista interpreta en directo unha selección dos seus propios temas, revisados e rigorosamente escollidos para a ocasión, nos que as protagonistas son ELAS: nenas, nais, inventoras, heroínas, doutoras, figuras femininas que tratan de poñer en valor a importancia de vivir en igualdade, de historias de superación de desigualdades e de loita polo respecto e a liberdade.
Esta actividade está enmarcada dentro de Ler conta Moito, programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas de Galicia.