Alumnado do IES Eduardo Pondal de Ponteceso participará no Programa de Igualdade, promovido polo Concello

1 minutes read

Promover a igualdade e previr a violencia de xénero entre a mocidade é o obxectivo do Programa Igualdade Ponteceso, unha iniciativa financiada polo Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero que porá en marcha a vindeira semana o concello de Ponteceso en colaboración co IES Eduardo Pondal.

A Concellaría de Servizos Sociais, que dirixe Isabel Vuelta González, será a encargada de coordinar as diferentes actividades de sensibilización que se levarán a cabo os días 26 e 27 deste marzo, dentro da Semana Cultural organizada polo centro educativo.

As xornadas, dirixidas ao alumnado da ESO, constarán de catro sesións diarias, unha por grupo, que se desenvolverán de 09:20 a 13:10 horas. A temática xirará arredor da igualdade e a prevención da violencia de xénero.

Ademais, os/as estudantes terán a oportunidade de poñer en práctica todo o aprendido confeccionando divertidas e enxeñosas chapas e adhesivos que poderán personalizar con mensaxes que promovan a igualdade, o respecto, a tolerancia e a liberdade. Unha vez impresos, cada participante recibirá o seu deseño como recordo da actividade.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?