Alumnas do obradoiro de emprego A Laracha VII realizan un curso de atención a persoas con dano cerebral

  • Esta formación complementa á xa recibida dentro do propio programa dual de formación e emprego

As alumnas da especialidade de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais do obradoiro de emprego A Laracha VII realizaron un curso de atención no fogar de persoas con dano cerebral. Impartido pola Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), no mesmo traballáronse aspectos como a detección do dano cerebral, as pautas para avaliar a evolución da persoa afectada, habilidades comunicativas, transferencias e cambios posturais, hixiene, curas, acompañamento no tempo libre e actividades de lecer, entre outros.

Esta formación complementa á que xa recibiron dentro do obradoiro de emprego para a obtención do certificado de profesionalidade. Esta semana o grupo de alumnas traballadoras inicia a terceira e última quenda de prácticas nos centros de día e residenciais da Laracha, Arteixo e na Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos da Coruña, polos que foron rotando.

De maneira paralela, a especialidade de Pintura industrial en construción continúa cos traballos de mellora de edificios públicos da Laracha, como fixeron no pavillón municipal e no campo de fútbol A Porta Santa de Paiosaco.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha