Alumnos de varios colexios de Camariñas despiden o proxecto «Aprende co Surfing»

0 minutes read
  • Esta iniciativa fomenta o deporte e a concienciación medioambiental

Este venres remataron as actividades do programa «Aprende co Surfing» en Camariñas, unha iniciativa promovida pola Federación Española de Surfing e a entidade Surf And Clean para fomentar este deporte e crear concienciación medioambiental.

O alumnado de 3º e 4º de Primaria dos CEIP O Areal e Ponte do Porto puxeron o punto final a esta programación, subvencionada polo Concello de Camariñas e a Deputación da Coruña.