Betanzos | Oitenta alumnos participan no proxecto educativo “O Camiño Inglés na escola”

1 minutes read

Uns 80 nenos e nenas de 3º de Primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos participaron no proxecto educativo “O Camiño Inglés na escola”, unha iniciativa da Asociación de Concellos do Camiño Inglés para sensibilizar aos estudantes de educación primaria dos 16 municipios polos que discorre esta ruta xacobea a través da difusión dos valores xacobeos.

A rapazada do CEIP Francisco Vales Villamarín, divididas en cinco grupos e en sesións de 50 minutos, estivo toda a mañá do pasado venres xogando co “Xogo da Oca do Camiño Inglés”, unha adaptación do popular xogo a esta ruta xacobea, con ilustracións co máis representativo de cada unha das etapas dende o punto de vista patrimonial, cultural e paisaxístico. Os nenos tiraban o dado e ían avanzando sobre o taboleiro mentres os dous monitores da Asociación de Concello do Camiño Inglés lles achegaban información sobre os distintos lugares polos que discorrían.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?