Alumnos do Terra de Xallas destacan no “Young Business Talents”

Varios equipos do IES Terra de Xallas, instituto de Santa Comba, participaron na primeira fase do concurso “Young Business Talents” e deles tres obtiveron o pasaporte para competir na final estatal, o próximo 28 de abril, en Madrid. Representaron ao centro, alumnos de 4º ESO, 1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas e 2º Ciclo Medio de Xestión Administrativa.

Tres grupos entre os cinco primeiros

Tres dos cinco equipos clasificáronse entre os cinco primeiros da provincia coruñesa, concretamente, na primeira, terceira e quinta posición.

O concurso “Young Business Talents” consiste na toma de decisións no ámbito empresarial. É unha simulación da actividade empresarial onde se adoptan medidas para maximizar beneficios, @teniendo en cuenta os custos e tomando decisións sobre as diferentes variables económicas.

Desde o centro xalleiro felicitaron a todo o alumnado que concursou polos bos resultados obtidos e desexa moita sorte aos estudantes que estarán na final. Tamén agradecen o apoio de entidades e empresas colaboradoras.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha