Alumnos dun colexio de Zas recollen lixo na praia de Lagosteira, en Fisterra

0 minutes read

Concienciar as novas xeracións da importancia de coidar do medio. Isto é o obxectivo das xornadas, organizadas por axentes ambientais da Xunta en colaboración co Concello de Fisterra, que este luns levou a 42 alumnos do CEIP de Zas a facer unha recollida de lixo na praia da Lagosteira. Estas xornadas, ademais de axudar a coidar o medio, tamén son unha oportunidade de realizar unha aprendizaxe práctica que esperta a curiosidade dos alumnos. Un pequeno xesto que contribúe a preservar a biodiversidade mariña e o noso planeta.