32
O alumnado de FP Básica Mar, Sheila, Omar, Fabián e Leo e os profesores Óscar e Fina recibiron en Santiago o 1º Premio no IX Concurso de curtametraxes relacionadas coa doazón e transplantes de órganos organizado pola Consellería de Sanidade. É unha iniciativa para fomentar e concienciar da importancia da doazón e transplantes de órganos e texidos. O premio consistiu nunha tarxeta regalo de 1.000€ para o Centro Educativo para a compra de material escolar, unha tablet para o profesorado e unha tarxeta regalo de 200€ para cada alumno participante.