Pablo Casado substitúe a Cayetana Álvarez de Toledo como voceira do Grupo Popular no Congreso e nomeará no seu lugar a Cuca Gamarra, vicesecretaria de Política Social do partido.
Durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación tras a súa destitución como portavoz do PP no Congreso, Cayetana Álvarez de Toledo afirma «lamentar profundamente» a decisión de Pablo Casado. «É prexudicial para o PP e para unha España forte, adulta, moderna e de cidadáns libres e iguais», destaca a política, que declara que «Pablo Casado cre» que a súa «concepción da liberdade é incompatible coa súa autoridade».
Álvarez de Toledo recoñece que non está de acordo nin entende os motivos do líder do PP para destituíla: «A súa decisión é a culminación dunha expresión que oín moito de que ‘Cayetana vai por libre ou é un verso solto'». Ademais, critica que «na política española se infravalora a forza da liberdade e do pensamento crítico» como «se os partidos estivesen condenados a formar parte dunha seita na que un non se poida expresar con liberdade».