Álvaro Arbeloa novo adestrador do Real Madrid

O Real Madrid decidiu este luns prescindir de Xabi Alonso tras caer na final da Supercopa de España este domingo ante o Barcelona. Nun comunicado informa que «de mutuo acordo» co técnico «decidiu poñer fin á súa etapa como adestrador do primeiro equipo». Mostrando o seu agradecemento a Xabi Alonso e a todo o seu corpo técnico polos sete meses de traballo no seu regreso ao club como técnico tras triunfar como xogador. Asume o banco branco Álvaro Arbeloa, tras só uns meses no RM Castela, nos que ten o filial madridista en cuarta posición do Grupo 1 de Primeira RFEF, aínda que o Real Madrid non se especifica a duración do contrato de Álvaro Arbeloa como técnico do primeiro equipo.

Related posts

O Club Kung Fu Carballo reunirá este sábado na vila a máis de 120 deportistas

Carballo será este xoves o epicentro do ciclismo coa saída da terceira etapa de “O Gran Camiño”

Completa actuación dos atletas da A.D. Fogar en Mérida e Redondela