Álvaro García Ortiz seguirá como Fiscal Xeral do Estado ata 2027

Será unha decisión que aprobará no Consello de Ministros do próximo 28 de novembro. García Ortiz, accedeu ao cargo en agosto de 2022 como substitución da exministra de Xustiza Dores Delgado, ao longo da lexislatura presidida por Pedro Sánchez que acaba de comezar e que, previsiblemente, durará catro anos, segundo anunciou o propio presidente do Goberno. García Ortiz fora Fiscal de Sala e xefe da Secretaría Técnica da FGE. Ademais, destacara  a nivel profesional polo seu amplo coñecemento en temas ambientais, o seu rol no ‘caso Prestige’ e por ser un dos maiores expertos do Ministerio Público en incendios forestais. Durante varios anos foi tamén membro do Consello Fiscal, órgano asesor da Fiscalía, pola Unión Progresista de Fiscais (UPF).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha