Alvedro e Peinador contan cun novo sistema de axuda á navegación por satélite


Os aeroportos de Alvedro e Peinador contan cun novo sistema de axuda á navegación vía satélite que permitirá reducir desvíos e cancelación de voos. Trátase dunha tecnoloxía similar ao GPS pero cunha maior precisión que permite aos avións dotados con este sistema reducir o punto onde o piloto decide se engala ou se se desvía. Segundo os datos de AENA, o pasado ano desviáronse un total de 723 voos nos aeroportos galegos, a maior parte deles en Peinador.