Alxeria «moi sorprendida» polo apoio de España ao proxecto de autonomía de Marrocos

Así o informou este sábado o Ministerio de Asuntos Exteriores alxerino nun comunicado. A nota explica que este Ministerio de Exteriores viuse «moi sorprendido» polo apoio de España ao proxecto de autonomía de Marrocos para o Sahara, polo que decidiu chamar o seu embaixador en Madrid «para consultas con efecto inmediato». Con todo, fontes de Moncloa afirmaron que o Goberno español «informou previamente» o alxerino sobre a súa posición e destacaron que Alxeria é «un socio estratéxico, prioritario e fiable» co que pretende manter «unha relación privilexiada». Fontes diplomáticas alxerinas criticaron o cambio de postura de España, que consideran a «segunda traizón histórica» de Madrid ao pobo saharauí «despois do funesto acordo de 1975», polo cal cedeu a antiga colonia do Sahara Español a Marrocos e Mauritania. «Finalmente Marrocos obtivo o que quería de España», apuntou o diplomático alxerino.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha