Alxeria volve a permitir realizar operacións bancarias con España


Alxeria levanta a prohibición de realizar operacións bancarias con España. O anuncio fíxoo hai unhas horas a ABEF, a Asociación Profesional de Bancos e Entidades Financeiras do país. Cincuenta días despois de conxelar todas as transaccións cos bancos españois, retómanse as relacións comerciais entre ambos os países. Foi necesaria a mediación da Unión Europea. A xustificación da ABEF para levantar o que chama “medidas cautelares” é que “xa non proceden”. É o que reza nunha carta enviada aos directores dos bancos e institucións financeiras alxerianas.