Alxeria volve a permitir realizar operacións bancarias con España

Alxeria levanta a prohibición de realizar operacións bancarias con España. O anuncio fíxoo hai unhas horas a ABEF, a Asociación Profesional de Bancos e Entidades Financeiras do país. Cincuenta días despois de conxelar todas as transaccións cos bancos españois, retómanse as relacións comerciais entre ambos os países. Foi necesaria a mediación da Unión Europea. A xustificación da ABEF para levantar o que chama «medidas cautelares» é que «xa non proceden». É o que reza nunha carta enviada aos directores dos bancos e institucións financeiras alxerianas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha