Alza Voz de Muller | Compromiso co liderado, o emprendemento e a visibilidade das mulleres en Vimianzo

1 minutes read

A xornada deste sábado abría cunha mesa de diálogo que reuniu mulleres de diferentes ideoloxías políticas para compartir reflexións, experiencias e retos arredor do papel das mulleres na esfera pública. Belén do Campo, Patricia Iglesias e Mercedes Queixas achegaron os seus testemuños, porque, por enriba das diferenzas, avanzar tamén é crear espazos de escoita, respecto e entendemento.

A través desta iniciativa búscase dar visibilidade ao talento, á experiencia e á capacidade de liderado das mulleres galegas, garantindo que a súa voz estea presente en congresos, debates, medios de comunicación e en todos aqueles espazos nos que se toman decisións. Na actualidade, a plataforma conta xa con máis de 2.000 mulleres profesionais de todos os ámbitos de coñecemento e co apoio de máis de 100 entidades, institucións e asociacións galegas.

O II Foro “Alza Voz de Muller” deixaba en Vimianzo unha fin de semana de aprendizaxe, emoción, reflexión e redes compartidas. Dous días nos que arredor de 200 mulleres se reuniron para falar de liderado, emprendemento, visibilidade, coidados e futuro desde o rural e para o rural. O Concello agradecía a todas as relatoras, participantes e persoas asistentes por facer deste foro un espazo vivo, inspirador e necesario, porque cando as mulleres se encontran, comparten e se apoian, pasan cousas imparables.