Amancio Ortega pecha a compra da sede do Grupo Planeta en Barcelona

Trátase dun inmoble situado no número 662 da Avenida Diagonal de Barcelona, adquirido polo fondo de investimentos estadounidense Blackstone en 2018 nunha operación valorada nuns 210 millóns de euros. Con esta adquisición, o fundador de Inditex retoma os seus grandes investimentos en España, onde a finais de 2023 comprou dous hoteis ‘boutique’ no centro de Palma de Mallorca a un grupo sueco por 35 millóns de euros. Ortega ingresará este ano 3.104 millóns de euros en concepto de dividendos da compañía, por encima dos 2.845 millóns de euros que percibiu por este concepto o ano pasado.

Related posts

Un colombiano acepta cinco anos de cadea por intentar matar o seu compañeiro de piso en Santa Comba

A Deputación da Coruña apoia á Agrupación de Protección Civil de Santa Comba con máis de 11.000 € para material

A Deputación da Coruña dota de novos vehículos a seis entidades sociais da provincia