Amazon anuncia 100.000 novos contratos polo aumento de demanda

A compañía Amazon anunciou que contratará cen mil traballadores de almacén e entrega nos Estados Unidos ante o forte aumento de pedidos.
Os consumidores están a mercar moito polo medo a que se propague o brote de coronavirus.
A compañía online de distribución dixo que investirá máis de 350 millóns de dólares para aumentar os salarios dos traballadores ao redor duns dous euros por hora. Isto abrangue os da Unión Europea.
A alta demanda de pedidos a Amazon tamén se está a producir en España, e en concreto no tocante á subministración de alimentos frescos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha