Amazon non acudirá ao Mobile World Congress de Barcelona polo coronavirus


O xigante tecnolóxico Amazon anunciou este domingo que se suma a Nvidia, Ericsson e LG e non acudirá ao Mobile World Congress (MWC) que se celebrará do 24 ao 27 de febreiro en Barcelona debido á alerta sanitaria mundial polo coronavirus. «Debido ao brote e as continuas preocupacións en torno ao novo coronavirus, Amazon retirarase de exhibir e participar no Mobile World Congress 2020, programado do 24 ao 27 de febreiro en Barcelona», dixo a Efe unha fonte oficial de Amazon. Esa fonte non ofreceu máis detalles sobre o proceso que levou a Amazon, con sede en Seattle (estado de Washington, EE.UU.), a tomar esa decisión.

A ausencia de Amazon no Mobile, o congreso máis importante do mundo no sector móbil, supón un novo revés para a organización do salón, despois de que esta semana a estadounidense Nvidia, a surcoreana LG e a sueca Ericsson anunciasen que non participarán nel como consecuencia do coronavirus. A pesar de todo, ata o de agora, GSMA, a asociación organizadora do Mobile, asegurou que o congreso se celebrará «segundo o exposto» e que se adoptarán todas as medidas preventivas necesarias para evitar o contaxio do virus.

Nun intento de acougar os ánimos, a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, pediu este sabado que non se fomente «a alarma social» ante o coronavirus e mostrouse convencida de que o Mobile «pódese desenvolver con perfecta normalidade». A pneumonía de Wuhan, causada por un tipo de coronavirus xurdido nesa cidade chinesa en decembro, xa deixou polo menos 813 mortos e 37.198 casos só na Chinesa continental, segundo as cifras publicadas este domingo pola Comisión Nacional de Sanidade do país asiático.

En España, confirmáronse dous casos de coronavirus: un deles é un cidadán británico que está ingresado nun hospital de Palma de Mallorca, no archipiélgo mediterráneo de Baleares. E o outro é un turista alemán que permanece ingresado na illa da Gomera (arquipélago atlántico de Canarias). Os síntomas do novo coronavirus, denominado 2019- nCoV, son en moitos casos parecidos aos dun arrefriado, pero poden vir acompañados de febre e fatiga, tose seca e disnea (dificultade para respirar).