Amazon Prime Video estrea este venres a primeira serie internacional sobre o Camiño de Santiago

1 minutes read

Trátase dunha ficción titulada «3 Caminos», que narra a historia de cinco mozos peregrinos procedentes de todo o mundo, contando cun elenco multicultural: Álex González, Verónica Echegui, Cecilia Suárez, Anna Schimrigk, Andrea Bosca e Alberto Jo Lee. Cabe recordar que esta produción galega propiciou alianzas nunha ambiciosa coprodución internacional, xa que ao proxecto sumáronse estruturas e compañías de España, Alemaña, Italia, Portugal, Corea do Sur e México.

Cómpre salientar que esta serie estrearase en Amazon Prime Video este venres 22 de xaneiro, o que permitirá que se poida ver en 240 territorios, cunha audiencia potencial de 200 millóns de persoas. Un proxecto da produtora galega Ficción Producciones que se levou a cabo cuns servizos de produción 100% galegos, ao igual que o 80% do persoal técnico, acreditando o bo facer e o talento do audiovisual galego.