Amazon proxecta abrir unha nova nave loxística en Alvedro

  • Sería a segunda nave da multinacional en Galicia, logo da outra nave da que dispoñen no concello pontevedrés do Porriño.

En Alvedro, no concello coruñés de Culleredo, instalarase nunha superficie de 10.000 metros cadrados. Amazon valora as boas comunicacións nesta zona, moi próxima á autoestrada AP-9, á autovía A6 e ao aeroporto de Alvedro. A primeiros deste mes de setembro, a empresa iniciou o proceso de selección para cubrir 40 postos de traballo. A outra nave loxística de Amazon máis próxima a Galicia está en Sieiro, en Oviedo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha