Ambicioso proxecto cultural en Vimianzo enmarcado dentro do Ano Xacobeo

Iglesia parroquial de Santiago de Cereixo_Turismo Galicia

  • De xuño a setembro haberá andainas e un taller fotográfico, actividades abertas á participación de toda a cidadanía

Coa chegada do mes de xuño iníciase no concello de Vimianzo o proxecto Translatio e Camiños de Santiago nas Terras dos Condes de Altamira, integrado no programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Taller de fotografía, andainas populares, visitas guiadas, representacións teatrais e actuacións musicais son algunhas das diversas actividades que conforman deste ambicioso proxecto cultural posto en marcha polo Concello. As actividades realizaranse nos meses de xuño, agosto e setembro e estarán abertas á participación de toda a cidadanía.

Translatio e Camiños de Santiago nas Terras dos Condes de Altamira comezará o vindeiro sábado 19 cunha andaina e co taller fotográfico. Desenvolveranse de xeito simulatáneo, con saída dende o Santuario da Virxe da Barca de Muxía ata chegar á Translatio de Santiago de Cereixo. Acompañados dun guía especialista, os participantes adquirirán coñecementos detallados mentras gozan dun fermoso paseo. Por outra banda, o taller será impartido polo fotoxornalista Manuel Blanco, especialista en reportaxes de viaxes.

O aforo é limitado. Inscricións nesta ligazón.