Unha delegación do Concello de Ames, encabezada polo alcalde da localidade, José Miñones, e a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, visitou as instalacións do centro de coworking do Pazo de Arenaza, no concello de Oleiros. O goberno municipal de Ames inicia así unha rolda de visitas a diferentes espazos de coworking co obxectivo de coñecer o seu funcionamento, obter ideas para a implantación do novo coworking A Proa e tentar aprender da experiencia destes centros que xa están a funcionar. A Deputación da Coruña e o Concello de Ames pretenden poñer en marcha canto antes o novo espazo de coworking, situado no parque empresarial Novo Milladoiro, que se centrará nos ámbitos das novas tecnoloxías e do sector audiovisual.
49