Ames remodelará as súas casas da Cultura, co apoio da Deputación

1 minutes read

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, visitou as instalacións da Casa da Cultura do Milladoiro que, xunto coa de Bertamiráns, serán obxecto de importantes actuacións con financiamento provincial por un valor aproximado aos 300 mil euros. O alcalde de Ames, Blas Garcia, destacou a colaboración institucional para o desenvolvemento de proxectos de especial relevancia no concello.

Algúns dos traballos que se realizarán na Casa da Cultura do Milladoiro a través deste proxecto atinxen ao cambio de alumeado do vestíbulo de entrada ao edificio; o cambio das varandas existentes na primeira planta do auditorio, que non permiten ver adecuadamente o escenario; melloras nos despachos existentes, na sala de usos múltiples, traballos e pintado no edifico.

No caso da Casa de Cultura de Bertamiráns, preténdese levar a cabo varias actuacións, consistentes no cambio do alumeado do auditorio. Ademais, vanse substituír todas as portas interiores por unhas novas; substituirase o pavimento, o falso teito e o alumeado no distribuidor da primeira planta. Por último, na zona de acceso lateral ao escenario do auditorio vaise reorganizar o espazo executando as divisións precisas para ter un almacén, unha zona de acceso ao escenario e unha sala de lactancia, que contará cun cambiador para bebés.