Amigos do rei emérito prestáronlle 4.4 millóns para pagar a Facenda

Unha ducia de empresarios e amigos do rei emérito prestáronlle os máis de catro millóns de euros que pagou a Facenda para regularizar a débeda de oito millóns que tiña pendente, segundo publicou o xornal El País.
Esta cantidade está relacionada coa fundación Zagatka, do seu curmán Álvaro de Orleáns, que pagou numerosas viaxes privadas en avión de don Xoán Carlos ata 2018.
A fórmula elixida polos contibuíntes, para recadar estes fondos, foi un crédito persoal, en vez da doazón, gravada cun 40 por cento en impostos.
Esta é a segunda regularización coa Axencia Tributaria do rei emérito, tras o pago a Facenda doutros 600.000 euros polas tarxetas que lle subministrou un empresario mexicano para os seus gastos e os dos seus familiares, entre os que non figuraban os Reis.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha