Amnistía Internacional denuncia crimes de guerra en Ucraína por parte rusa

A secretaria xeral da Amnistía Internacional, Agnés Callamard, anunciou este venres en Kiev os resultados extraídos da investigación levada a cabo pola súa delegación, e as conclusións son claras: Rusia debe responder ante a xustiza internacional por varios crimes de guerra cometidos no nordés da capital. O informe de Amnistía Internacional fai especial fincapé na rendición de contas, recalcando que «todos os responsables, incluíndo a cadea de mando, deben ser levados ante a Xustiza».

A investigación aúna decenas de entrevistas a testemuñas e achega tamén unha análise de probas materiais. Ataques aéreos ilexítimos, execucións extraxudiciais e homicidios deliberados de civís son outros dos datos documentados no informe.

Durante 12 días os investigadores de Amnistía Internacional entrevistaron a 45 persoas que presenciaron ou coñeceron de primeira man os asasinatos ilegais dos seus familiares e veciños a mans de soldados rusos, e a outras 39 que presenciaron ou coñeceron de primeira man os ataques aéreos que tiveron como obxectivo oito edificios residenciais. O resultado final, un informe tan demoledor como desolador.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha