Ampla vitoria do Calvo Basket Xiria en Silleda

EBX.

Partido da liga EBA correspondente á 15ª Xornada (2ª da segunda volta), no que ao Calvo Basket Xiria tocoulle enfrontarse ao Obradoiro Silleda, no Pavillón Municipal César González Fares este domingo 2 de febreiro. Gran partido dos carballesés que dominaron na cancha de principio a fin cuns parciais de 14-20, 17-22, 9-21 e 14-29, cun contundente resultado final de 54-92.