Ampliación da esixencia do certificado covid e vacinación infantil a partir do día 13


O presidente Feijóo informou de que as doses para a poboación infantil chegarán a España o 13 de decembro e o 19 a menores de 60 anos coa terceira dose.. Galicia conta con recibir entre 55.000 e 58.000 doses para o grupo de nenos de entre 5 e 11 anos, un grupo que ascende a unhas 130.000 persoas. Ademais Galicia ampliará a esixencia do certificado covid en lugares pechados como ximnasios, hospitais de día, unidades de diálise ou residencias de maiores. Feijóo advertiu que a situación epidemiolóxica está “a empeorar” nas últimas semanas, polo que insistiu en pedir “prudencia” e manter “a menor interacción social posible”, sobre todo na próxima ponte festiva.