Ampliación de axudas para saneamento en concellos de menos de 5.000 habitantes


A Xunta lanza a segunda ampliación de axudas para financiar novas actuacións de saneamento, abastecemento e depuración nos concellos cunha poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes, cun orzamento de 720.000 euros. Xa se outorgara nunha primeira quenda de 105 axudas a 83 concellos para executar obras de abastecemento, saneamento e depuración, cun investimento global que rolda os 4 millóns de euros. O límite máximo das axudas é de 50.000 euros por solicitude, sendo compatibles ambas as liñas de actuación. Os concellos tiveron a opción de presentar dúas solicitudes, unha referida a actuacións en sistemas de abastecemento e outra para actuacións en sistemas de saneamento e depuración. Estes incentivos, compatibles con outras axudas, subvencionan os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro deste ano e inclúen tanto os investimentos realizados na execución das propias obras como os gastos asociados a elas en materia de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial, de control de calidade ou de dirección dos traballos.